1 de ago. de 2011

[ 2011] Crónica do VI Festival da Mocidade


O pasado sábado, 30 de xullo, decorreu a sexta edición do Festival da Mocidade, este ano adicando a temática do mesmo aos deportes populares e galegos, sob a organización dun campionato que enfrontaba aos pobos, aldeas e barrios da comarca en probas como os 4000m, 100m, brilé, lanzamento de sacho ou o tiro con fisga, continuando a idea lanzada nas Olimpiadas Populares Galegas.

O resultado foi un rotundo éxito, non só na participacióm, contando con dez equipas, con un número de participantes que ia dos 6 aos 10 por cada unha, mais polo ambiente vivido, o convivio e a sana competitividade, pondo en valor unha outra forma de lecer, sempre de unha óptica 100% galega e popular.
Olimpiadas Inter-Pobos. Casa Baratas-Pombal saiu como a equipa gañadora.
A xornada comezou por volta das 11h da mañá até 14h nas instalacións deportivas do campo da Moreira, desputándose os 4000m resultando gañador Javi do Poligono 2 na categoria masculina e Lorena Portela da Veiga na feminina. Logo virían os 100m. que iría para Hector da Sainza, e mais para Noelia do Barrio de Abaixo. A continuación a lonxitude gañando o Javi do Poligono 2 e novamente Noelia do Barrio de Abaixo. E por último, en peso maculino faríase co trunfo Javi das Casas Baratas – Pombal e no feminino Raquel de Reboreda, e o Tiro con Fisga que foi para a equipa das Casas Baratas – Pombal.
Na concurrida e calurosa tarde, foron as probas de lanzamento de sacho, que gañou Adrian da Sainza, e mais unha vez, Noelia do Barrio de Abaixo. O brilé foi gaño novamente pola equipa das Casas Baratas – Pombal, e a seguir no Volei foi para A Sainza quen

se levou a vitoria. E para rematar a xornada deportiva, a igualada carreira popular foi para equipa de Reboreda. Portanto, a clasificación por equipas resultou o primeiro posto para as Casas Baratas – Pombal, o segundo para Sainza e o terceiro para o Barrio de Abaixo.
Concertos e entrega de trofeus
Porén, a xornada non terminaba aí, mais continuaba na Praza de Oriente de Xinzo de Limia ambiantada para o efeito, cos concertos dos ourensanos Markarpone e os de Ponte Areas, Skandalo GZ que animaron aos presentes. Así, decorreu a entrega de trofeus a carrego de membros da Aguilhoar fixo entrega dos premios anunciados, nunha irónica intervención na que aliás se entregaran os premios “Isaac Vila” e “Anxo Quintana”.
Só resta agradecermos a todos as e os presentes e as que colaboraran con este VI Festival da Mocidade a súa axuda e agardarmos mais un ano para unha nova edición.

Nenhum comentário:

Postar um comentário